Mércores. 15.05.2024
El tiempo

En marcha os menús arqueogastronómicos de Vimianzo

En marcha os menús arqueogastronómicos de Vimianzo

Os doce establecementos integrados na Rede de Hostaleiros do proxecto “Vimianzo. Do mar á terra” comezan este fin de semana a comercializar os menús e pinchos castrexos e medievais, así como os produtos elaborados de panadería e repostería. No caso dos menús, os castrexos teñen un prezo de 10€ e os medievais, de 20€.

Desde este venres 15 e durante todas as semanas de hoxe en diante, visitantes e turistas que se acheguen a Vimianzo poderán desfrutar da comida de antano e realizar unha ruta gastronómica pola historia a través do padal.

Vaixela de barro

Vaixela de barro de Buño para desgutar os menus de arqueogastronómicos do proxecto Do mar a terra de Vimianzo

Os comensais tamén teñen a opción de comprar a vaixela de barro de Buño na que se serven as preparacións, feita polo oleiro Fernando Cambón engadindo decoracións de cada época. O prezo das pezas é de 1 a 15€.

Listaxe de patros castexos, menús medievais, pinchos e produtos elaborados

Pratos Castrexos

  • Casa Sabina: - Crema de trigo con froitos do mar e da terra. - Queixo fresco con mel e froitos secos .
  • O Retiro de Barboles: - Sopa do Castro. - Ensalada de froitos con sopa de leite .
  • O Castillo: - Potaxe castrexa. - Filloa rechea de compota de pera.
  • Pastoriza: - Pote de trigo.

Menús medievais

  • Vía Rápida: - Cordeiro de Deus. - Torta da Dama.
  • Casa Sabina: - Garavanzos con peixe de rocha. - Pescada con setas e acelgas.
  • O Retiro de Barboles: - Espetada de troitas. - Porco doce. - Castañas cocidas aromatizadas.
  • O Castillo: - Ensalada da Marquesa. - Galiña medieval. - Biscoito de salvado e noces.
  • Pastoriza: - Mexillóns de campo. - Pescada en cama de verza. - Follado do bosque do Marqués.

Pinchos

  • Casa Sabina.
  • Celme Café.
  • Casa Landeira.
  • Café Bar Requeiro.
  • Quilmes.

Venta de produtos

  • Panadería Sampedro: Empanada castrexa, Bolo lonxevo e Biscoito medieval.
  • Panadería Antoxos: Empanada de mexillóns e Biscoito de améndoas.
  • Pan Ignacio: Trenza de pan de trigo do país e centeo, Empanada de trigo de vieiras e Biscoito de castañas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios