Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo perfila o Plan de Seguridade para todas as súas festas

XLS VIMIANZO2
Vimianzo perfila o Plan de Seguridade para todas as súas festas

Este vindeiro 1 e 2 de xullo temos o Asalto ao Castelo. Pero de seguido Vimianzo xa engancha coa mítica Faguía de Carnés (9 de xullo), e as festas de agosto. De aí, que a subdelegada do Goberno María Rivas, se achegase á capital soneirá para o coordinar o dispositivo de seguridade para todo o verán.

Así ademais de Rivas, e coa alcaldesa, Mónica Rodríguez, como anfitriona, a Xunta Local de Seguridade formouse con representantes da Garda Civil, Policía Local e Policía Nacional

Dúas patrullas da Garda Civil, 15 efectivos de protección Civil e efectivos da Policía Local garantirán o bo desenvolvemento das actividades. Respecto a isto, revisouse o plan de protección elaborado polo concello no que se establecen os medios municipais de seguridade durante os eventos festivos.
O concello contará tamén cun punto de atención e información e en temas de igualdade e diversidade durante as celebración das principais festas.

Comentarios