Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Vimianzo presenta o seu cartel das Letras Galegas

Vimianzo presenta o seu cartel das Letras Galegas
LETRAS_GALEGAS_2016_Vimianzo O Trubisletras será só unha das patas do programa cultural e deportivo deseñado para os vindeiros días polo concello de Vimianzo con motivo das Letras Galegas. Ademais da exposición sobre Manuel María - autor homenaxeado - que alberga a biblioteca municipal e do obradoiro artístico infantil "Coñece a Manuel María" que tivo lugar onte a vila de Vimianzo prepárase para unha fin de semana cargada de actividades. O sábado, 14 de maio, a partir das 16 horas terá lugar a XXV Baixada de Carrilanas de Trasouteiro que este ano está organizada pola asociación xuvenil Cherinkas e que chega con moitas novidades. Entre elas, unha quenda de adestramentos libres e unha comida para todos os participantes. Ese mesmo día, ás 21 horas, Fantoches Baj ofrece un espectáculo teatral na casa da Cultura baixo o título "O asombro con Manuel María". A actividade volve á casa da Cultura o domingo ás 18 horas co Trubilestras; es espectáculo de danzas ancestrais no que participan distintas escolas de baile tradicional da Costa da Morte. O lugar de Pasarela será o escenario da "Festa das Letras" que terá lugar o martes, 17 de maio, ás 17 horas. A actividade está organizada pola asocación de veciños de Pasarela - AsVePa -. Os máis pequenos terán a oportunidade de asistir o venres 20 de maio ao espectáculo teatral "Rosa Caramelo" de Talía Teatro. A sesión será na casa da Cultura ás 10:15 horas para os alumnos e alumnas do E.I de Carnés, E.I. Carantoña, Ceip de Castromil e Ceip San Vicenzo de Vimianzo e ás 11:30 horas para o alumnado do Ceip de Baiñas e Ceip San Vicenzo de Vimianzo. Novas relacionadas Fonte

Comentarios