Martes. 19.03.2024
El tiempo

Vimianzo recoñece o méritos dos seus deportistas

Vimianzo recoñece o méritos dos seus deportistas
O Equipo de Fisober A familia do Fisober será unha das premiadas na Gala do Deporte de Vimianzo

Moi boa a proposta do Concello de Vimianzo de valorar o mundo deportivo soneirán cos premios da I Gala do deporte de Vimianzo. Unha cita que terá lugar o vindeiro venres día 1 de abril no Auditorio da Casa da Cultura, ás 21 horas. Baixo o lema “recoñecemos méritos, promovemos prácticas” o goberno municipal quere facer un recoñecemento oficial a todas aquelas persoas ou clubs que obtiveron algún título ou recoñecemento a nivel galego ou estatal, ao logo do pasado ano 2015, en calquera modalidade deportiva.

E non son poucos os e as deportistas vimiancesas que levan con orgullo o nome do Concello de Vimianzo nas diferentes competicións, deixándonos en moi bo lugar. Agardando que a lista siga incrementándose en anos sucesivos e teña sentido seguir organizando esta Gala do Deporte Local, o vindeiro venres será o día para recoñecer o resultado dos seguintes deportistas e clubs:

  • Club Dousxsetenta tiro con arco: polo fomento do deporte base, sendo un dos clubs federados de tiro con arco que máis arqueiros e arqueiras competindo en categorías base.
  • Fisober: polo seu traballo a prol do fomento do deporte feminino, e polos seus numerosos éxitos a nivel galego e estatal.
  • Soneira SD: polos seus 50 anos de historia.
  • Marian Hermida Lamela: Terceira Galega Sala 2015 Tiro con arco.
  • Yago García Hermida: Terceiro Galego en Sala 2015, Campión galego ao Aire libre 2015, Subcampión galego en sala 2016 Tiro con arco.
  • Laura Ramos Santos: Subcampioa Galega en Sala 2015, Subcampioa Galega ao Aire Libre 2015, Subcampioa Galega en Sala 2016 Tiro con arco.
  • Paula Pérez Espasandín: Campioa Galega ao Aire Libre 2015, Subcampioa Galega en Sala 2015 Tiro con arco.
  • Pablo Rodríguez Franco: Subcampión Galego ao Sala 2016 Tiro con arco.
  • Manuel Gómez Lema: Terceiro Galego en Sala 2016 Tiro con arco.
  • Paula Vázquez Blanco: Tiro con arco, Campioa Galega en Sala 2015, Terceira Galega ao Aire Libre 2015, Campioa Galega en Sala 2016 Tiro con Arco.
  • Marcos Esperante Varela: Terceiro clasificado ao Aire Libre 2015 Tiro con arco.
  • Anxo Trillo Lista: Campión Galego en Sala 2015, Campión Galego ao Aire Libre 2015 Tiro con arco.
  • Sergio Platas Vázquez: Subcampión Galego ao Aire Libre 2015, Subcampión Galego en Sala 2016 Tiro con arco.
  • Dylan Ramírez Salgado: Subcampión Galego en Sala 2015, Terceiro Galego ao Aire Libre 2015, Terceiro Galego en Sala 2016 Tiro con Arco.
  • María Lema Lavandeira: Campioa Galega en Sala 2015, Campioa Galega ao Aire Libre 2015, Subcampioa Galega en Sala 2016 Tiro con arco.
  • Iván Rego Pose: 3º clasificado sénior no Campionato Galego de 10 km en ruta.
  • Luis Miguel Antelo: Campión Galego de media maratón M35 e terceiro clasificado no Campionato Galego de 10 Km en ruta no ano 2015. Campión Local do Circuíto de Carreiras Populares e Subcampión Absoluto.
  • David Calzas: subcampión galego de duatlón cros nos anos 2015 e 2016.
  • Mateo Suárez Canosa, subcampión da Copa do Minicopa do Rey 2016 de baloncesto co club Juventut de Badalona.
  • Jorge Quintáns (Sen Siras), Campión de España por equipos en canoa e Subcampión de España por equipos en K1 (modalidade de patrullas en categoría infantil); 2º posto en K1 na Copa de España celebradas en Sort e Lleida (Seleccionado para adestrar no Centro de Tecnificación de Pontevedra), entre outros.
  • Teresa Castro, campioa de España 3.000 m en categoría veterana, 6ª Campionato do Mundo de Cross W45, 7ª Campionato do Mundo 5.000 m. W45.Campioa de Galicia campo a través veteráns 2015 e 2016, Campioa de Galicia e de España veteráns en pista cuberta, 5ª clasificada no Campionato de España de veteráns de media maratón, entre outros.
  • Amador Vidal e Francis Lema, campións de España de Rallies de Terra.
 

VI Carreira pedestre concello de Vimianzo

Xa está aberto o prazo para participar na VI Carreira pedestre Concello de Vimianzo, dentro do Circuíto de Carreiras populares Correndo pola Costa da Morte, un circuíto que comezou o pasado 13 de marzo en Camariñas e que se desenvolverá ata o mes de outubro nos concellos participantes: Vimianzo (24 de abril), Mazaricos (8 de maio), Dumbría (28 de maio), Zas (4 de xuño), Cee (25 de xuño), Muxía (10 de xullo) Carnota (21 de agosto), Corcubión (17 de setembro) e Fisterra (16 de outubro). A carreira de Vimianzo que terá lugar o domingo 24 de abril, será a VI edición dunha proba deportiva que vai gañando adeptos ano tras ano. Para participar nesta proba hai que inscribirse a través da web www.championchipnorte.com, e o prazo remata o 20 de abril.

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios