Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo recupera unha antiga senda de Berdoias para mellorar a Vía Mariana

Vimianzo Vía Mariana
Vimianzo recupera unha antiga senda de Berdoias para mellorar a Vía Mariana

O Concello de Vimianzo impulsou a recuperación dun antigo camiño en Berdoias para mellorar o trazado da Vía Mariana. Trátase do camiño de Carreixas, que parte da aldea de Berdoias en dirección a Muxía, e que mida o percorrido que antes se realizaba pola vía de servizo da inacabada autovía da Costa Morte.

No camiño aínda se conservan algún treito empedrado e crúzase un pequeno río sobre unha pontella á beira da cal se conserva un muíño en bo estado. Deste xeito, o trazado recupera o camiño tradicional e recupera parte do patrimonio etnográfico do lugar. Deste xeito, aténdese ademais á demanda veciñal da Asociación Parroquial de Berdoias, que está a promover a recuperación e protección do patrimonio do seu territorio.

Esta acción compleméntase cun roteiro de sendeirismo que se está a preparar para unir as aldesas de Berdoias e Boallo, co seu patrimonio arqueolóxico, histórico e etnolóxico. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destaca as tarefas ‘de todo o persoal implicado por recuperar o noso, algo tremendamente importante para nós’, salientou a rexedora.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios