Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo recupera o seu entroido dominical

Vimianzo recupera o seu entroido dominical
Entroido de Vimianzo 2014

Ata o xoves 27 de febreiro está aberto o prazo para inscribirse no Entroido de Vimianzo. Un Entroido que volve celebrarse en domingo, tralo intento de realizalo a golpe de luns para acoller a cita comarcal que quedaba libre.

Así, o domingo 2 de marzo haberá boa troula en Vimianzo, co pasarrúas tradicional e o Concurso de Disfraces con máis de 1000€ en premios.

Pero o entroido traerá moitas máis cousas a Vimianzo, e o fará en forma de obradoiros. Así, o xoves 27 de febreiro e o sábado 1 de marzo haberá Obradoiros de Caretas e maquillaxe na Escola de Treos e Carantoña (o xoves) e mais en Baíñas e Vimianzo (o sábado).
Eses para preparar o disfraz, e para a volta, o luns 3 de marzo haberá Obradoiro "Entre Contos", o martes un de elaboración de instrumentos e outro de elaboración de filloas para o mércores.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios