Luns. 29.04.2024
El tiempo

Vimianzo rende homenaxe a Elisa e Marcela

Homeaxe a Elisa e Marcela en Vimianzo 2
Homeaxe a Elisa e Marcela en Vimianzo 2
Vimianzo rende homenaxe a Elisa e Marcela

Unha das protagonistas do primeiro matrimonio homosexual da historia de España celebrado polo 1901, tivo vinculación directa con Vimianzo. Elisa Sánchez Loriga, que casara con Marcela Gracia Ibeas, deu clase unha temporada na antiga escola de Calo, en Pasarela.

Ata alí desprazouse unha unha delegración conformada pola alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; integrantes da compañía de teatro A Panadaría; e a actual propietaria da casa, María, para inaugurar unha placa en homenaxe a estas dúas históricas loitadoras pola diversidade.

Homeaxe a Elisa e Marcela en Vimianzo

Actividades polo Día Mundial do Orgullo LGTBIQ+

Elisa e Marcela Charla Vimianzo

Este evento enmárcase na liña de actividades postas en marcha polo Concello a favor da igualdade e a inclusión. Entre esa programación atópase unha mesa redonda programada para as 10:30 horas. Baixo o nome ‘Elisa e Marcela, o cumio do iceberg’, analizarase o papel tan importante de ambas as mulleres na historia de España, formando parte das bases reivindicativas e de loita do colectivo LGTBIQ+.

Esta mesa redonda contará coa presenza da directa da obra de teatro ‘Elisa e Marcela, historia que parece conto’, da compañía ‘A Panadaría’, Gena Baamonde; da escritora e xornalista, Eva Mejuto; e da investigadora e activista, Daniela Ferrández.

Posteriormente desenvolverase a obra de teatro ‘Elisa e Marcela, historia que parece conto’, da compañía ‘A Panadaría’. Será ás 12:00 horas no Auditorio Municipal de Vimianzo.

Ambas as actividades celébranse con motivo do Día Mundial do Orgullo LGTBIQ+, que se conmemora cada 28 de xuño, e están enmarcadas dentro da programación do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.
O alumnado do IES Terra de Soneira de Vimianzo é o público principal ao que se dirixen tanto a obra de teatro como a mesa redonda. Sen embargo, existe a posibilidade de acudir, de xeito particular, enviando unha solicitude ao correo [email protected].

Novas relacionadas

Comentarios