Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Vimianzo réndese ao “Amor de muíño”

Amor de Muino en Vimianzo bosque
O grupo internacional polos bosques vimianceses
Vimianzo réndese ao “Amor de muíño”

Este venres, 26 de agosto no patio do Castelo de Vimianzo un grupo de actrices e actores italianas presentan parte do proceso creativo teatral do proxecto LOVE MILLS (“Amor de muíño”).
O grupo forma parte da Federación Italiana de Teatro Amador- FITA- que organiza cada ano unha especial actividade consistente en xuntar unha ducia de mozos e mozas de todo o país para formarense e crearen conxuntamente un espectáculo.

A formación 2023 titúlase "Love Mills" (amámo-los muíños) en referencia ao muíño como lugar de encontro comunitario e máis o cereal como base alimentar da poboación europea. A formación transcorre en catro países: Italia, Francia, Hungría e Galicia. É previsto unha presentación do espectáculo finalmente resultante en Cerdeña.

A Vimianzo chegan da man da compañía de “O sol de outono teatro” (coordinado por Soraya Lema) e a compostelá Asoc. Deaquíeacolá. Dende a súa chegada o sábado 19 foron acollidas no Albergue de Baiñas e Berdoias en colaboración coa Asociación Parroquial de San Pedro de Berdoias e o Concello de Vimianzo.

Amor de Muino nos Batans do Mosquetin
Manuel e Moncho explicando os Batáns do Mosquetin

O domingo disfrutaron dunha ruta aos Batáns de Mosquetín, o Muíño de Manuel en Pasarela, os Penedos de Pasarela e Traba e o Muíño de marea de Cereixo guiada por Moncho Gándara e Mariví Amigo Méndez a Técnica de Turismo de Vimianzo.

O luns comezaron o proceso de ensaios na Aula da Natureza de Baiñas e na Casa da Cultura de Vimianzo. Para continuar nutríndose do valioso patrimonio cultural do Val de Soneira, David Roget marabillounos coa ruta dos Muiños de Cambeda e como sorpresa final: A asociación Trubisquiña despediu o día con cantares e bailares arredor do Muiño.

Mañá, venres, interpretan estes mozos italianos co cariño recibido durante estes días de cada unha das persoas da vila que participaron recuperando e contando memoria dos nosos devanceiros, demostrando xunto a filosofía da Compañía “O sol de outono”, que se pode crear historias a partir do noso patrimonio cultural.

Amor de Muino en Vimianzo
Ensaiando na Casa da Cultura

Comentarios