Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Vimianzo vive o entroido ao grande

entroido-vimianzo-2024
Desfile de entroido polas rúas de Vimianzo
Vimianzo vive o entroido ao grande

Vimianzo abriu o entroido co seu tradicional concurso de disfraces celebrado o pasado sábado pola tarde e que congregou a máis de 200 persoas no pavillón municipal da vila. Non faltou a música, a animación, o desfile polas rúas e moitos, moitos disfraces. Un dos grandes atractivos deste primeiro día de entroido no programa deseñado polo Concello de Vimianzo foi o concurso de disfraces no que se repartiron 2.870 euros en premios en cinco categorías diferentes e que se repartiron da seguinte maneira: 

Individual infantil: Tribu africana

Individual adulto: Donald

Parellas: Os Desplumados, Ajárrate que hai curvas e Preto da lonxitude

Grupos: O galiñeiro de Carantoña, As tertuilianas e A salvación do mundo Mariño-Mocatriz

Comparsas: Ponte Disfraz, Des-frutando o solsticio - A.C Trubisquiña e Unha de indios.

O festa de entroido comezou a iso das 17:00 horas e estivo amenizada durante a tarde pola charanga Santa Compaña. E tras o concurso a orquestra Eureka estirou as celebracións ata pasada a medianoite.
 

Máis actividades

Hoxe e mañá, a cativada será a protagonista. O Concello organiza un obradoiro de cociña entroideira en horario de 11:00 a 13:00 na Casa da Cultura. Participarán nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.

E para rematar as celebracións de Entroido, o vindeiro sábado, 17 de febreiro, a partir das 19:00 horas, a parroquia de Baíñas celebra, co apoio do Concello, o seu propio entroido. Ao igual que hoxe en Vimianzo, haberá un concurso de disfraces nos que se repartirán outros 2.870 euros en premios, nas mesmas categorías e contías que o celebrado en Vimianzo.

Comentarios