Vimianzo vivirá dous máxicos Sábados de Entroido

O Concello de Vimianzo presenta unha programación de Entroido para todos os públicos que terá como punto álxido o tradicional concurso de disfraces, no que se repartirán 2.800 euros en premios.
A orde do pasarrúas e nas actuacións será determinado en función da orde de inscrición, xa que a cada solicitante seralle asignado un número dorsal, que deberá ser recollido ese mesmo día. A xornada estará animada desde o comezo coa música da charanga Santa Compaña e a orquestra Eureka.
Máis programa
Son varias as citas que completarán o Sábado de Entroido, pensadas para todas as idades.
O domingo 11 hai baile social no Pastoriza.
Os 12 e 13 haberá obradoiros gastronómicos para a rapazada.
Ademais, o peche celebrarase o sábado 17 co Entroido de Baíñas, outra gran festa de concursos, disfraces e lambonadas.