Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vimianzo volve encher o Auditorio por primavera

Cartel primavera Cultural en Vimianzo
Vimianzo volve encher o Auditorio por primavera

Vaise enchendo de novo a AxendaCostadaMorte gracias ás propostas municipais. Carballo, Malpica, Laxe, Cee… recuperan os seus programas teatrais para devolverlle a vida aos seus auditorios. Tamén Vimianzo, que xa nos presentaba o programa infantil “Primavera en Familia, e que agora dá conta da programación de primavera do Auditorio da Casa da Cultura para adultos.

As 6 representacións, cofinanciadas pola Rede Cultural da Deputación da Coruña e pola Rede Galega de Teatros e Auditorios AGADIC da Xunta de Galicia, serán os sábados ás 20:30h e a billeteira abre unha hora antes do inicio do espectáculo. O prezo de entrada é de 5 euros (reducida 2.50€). Debullamos o programa:

O sábado 13 a compañía Ibuprofeno Teatro achéganos o espectáculo O mel non caduca dirixido por un recoñecido dramaturgo da escena galega, Santiago Cortegoso. Trátase dun espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas. É unha obra para emocionar e concienciar e tamén para emocionar e rir da man de Avelino González e Mariám Bañobre.

Na programación destacan 3 espectáculos, o 20 e 27 de marzo e o 10 de abril, con perspectiva de xénero, promoción da igualdade entre mulleres e homes.
O 20 de marzo será a quenda do espectáculo 1879. Casa de bonecas da compañía Estudo Momento. É unha adaptación do texto clásico que o dramaturgo Henrik Ibsen estreara con grande escándalo a finais do século XIX. Predecesora dos grandes movementos feministas, ensalza a figura de Nora Helmer, esposa e nai perfecta, que rachará dun famoso "golpe de porta" con todas as ataduras do sistema patricarcal. A montaxe acadou o I Premio Luísa Villalta pola Igualdade concedido pola Deputación da Coruña.
O 27 de marzo Teatro del Andamio achéganos Insubmisión, que fala da violencia que se xenera no ámbito familiar, e que o fai dende o epicentro do conflicto: a intimidade da parella.
En abril, o sábado 10, a compañía De Ste Xeito Producións achéganos a Vimianzo Feminíssimas. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”... Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

O sábado 17 de abril estréase Conexión Pingüín no Auditorio de Vimianzo, unha divertidísima comedia sobre a incomunicación protagonizada por Luís Iglesia e Marcos Orsi, que ≤a href=https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/auditorio-vimianzo-acolle-residencia-da-obra-conexion-pinguin/20210303120354125384.html>estivo facendo residencia precisamente no auditorio vimiancés.

O sábado 24 de abril remata a programación de primavera o grupo de teatro Badius, de Baio, co espectáculo A Peregrinaxe, unha divertida comedia interpretada por caras moi coñecidas na comarca.

Novas relacionadas

Comentarios