Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Nadal vimiancés comparte cultura e deporte

O Nadal vimiancés comparte cultura e deporte

O concello de Vimianzo presenta a súa programación de Nadal, unha programación completa que intenta abarcar a todos os públicos, aínda que o prato forte é a programación infantil.

As actividades da programación desenvolveranse entre os días 23 de decembro e 8 de xaneiro. Cos nenos como protagonistas haberá entre estas datas tres festivais. O promeiro deles o propio día 23, unha Festa de Nadal coa presenza de Papá Noel marchoso, con diferentes actividades a cargo da compañía Duende Sico. O 31 de decembro celebraremos a Festa de Fin de Ano Infantil con actividades para os nenos e nenas que rematará coas badaladas de fin de ano e cotillón ás 12 do mediodía. O día 2 de xaneiro visitaranos o carteiro real na Casa da Cultura e o día 5 os Reis Magos percorrerán as parroquias do concello e ás 20 horas recibirán a todos os nenos e nenas na Casa da Cultura.

O día 23 o alcalde e os técnicos de cultura e deportes, Nieves Lema e Víctor Santos, farán entrega dos premios do I Concurso infantil de postais de Nadal.
Ademais, os días 23 de decembro e 5 de xaneiro, despois das festas infantís, teremos, xa para todos os públicos, un festival de cantos de Nadal, o 23, e de cantos de Reis, o día 5, a cargo da Escola de pandeireta do concello.

Ademais destes festivais terán actividades culturais e deportivas para todos os públicos. Entre os días 23 e 30 de decembro realizarán un obradoiro de decoración de Nadal en todas as parroquias do concello. Na casa da Cultura entre o 26 e 30 de decembro haberá actividades de animación e cine para nenos e nenas e un obradoiro de abelorios para nenos e adultos. O día 28 haberá xogos de mesa para nenos na Casa da Cultura, o 29 unha olimpíada de raquetas no pavillón municipal, o 2 de xaneiro un torneo de escoba individual e os días 3 e 4 un torneo de tute por parellas. O día 30 haberá cine de Nadal para adultos no auditorio.
Rematará a programación de Nadal co III Duatlón de Reis, unha proba de 27 quilómetros combinando bicicleta e carreira a pé.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios