sábado. 15.03.2025
El tiempo

Volve a programación á casa da Cultura de Vimianzo

Volve a programación á casa da Cultura de Vimianzo
programcion casa cultura vimianzo Destacadas figuras do panorama galego daranse cita nos vindeiros meses no auditorio da casa da Cultura de Vimianzo. O motivo é a programación para adultos que o concello vén de dar a coñecer. Federico Pérez, Victor Mosqueira, Marcos Orsi, Evaristo Calvo, Ana Sanz, Marcos Pereiro, Santi Romay, Susana Dans, Mónica Caamaño, Mabel Rivera, Patricia Lorenzo, Josi Lage ou Celso Parada serán algúns dos actores que pasarán polo escenario. Así o presentaron na mañá de onte o  alcalde de Vimianzo - Manuel Antelo - e a concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade - Marta Rei -. Os espectáculos terán distintos prezos, sendo 5€ a entrada máis cara. Haberá un bono para as sete actuacións de 20€ e os estudantes e maiores de 65€ teñen desconto. Todos os espectáculos comezan ás 21:30 horas. manuel-antelo-marta-rei O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, e concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade, Marta Rei, presentaron onte a programación O auditorio de Vimianzo forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios o que permite que pola casa da Cultura de Vimianzo pasen figuras de primeiro nivel xunto coa aposta que fai o concello por unha programación cultural de calidade. Nos vindeiros días presentarase a programación infantil para este inverno. A primeria cita é xa este sábado, día 4, ás 21.30 horas da man de Produccións Teatrais excéntricas que interpretarán "Os amores de Jacques o Fatalista". A entrada ten un custe de 5€ (2,50€ para estudantes e maiores de 65 anos). Fonte

Comentarios