A Xunta Local de Seguridade no Concello de Vimianzo preparou as citas do verán

Esta mañá de martes 28 de maio tivo lugar a reunión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade no Concello de Vimianzo. A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiron a xuntanza que trata para coordinar os mecanismos de vixilancia necesarios de cara ás festividades estivais.
Durante o mesmo, avaliáronse as medidas a tomar de cara aos festexos de verán con máis previsión de afluencia de xente: as festas do Corpus e San Antonio Baíñas, o Asalto ao Castelo, a Faguía de Carnés e as festas de Pasarela, Carantoña e Vimianzo.
No encontro participaron o concelleiro de Mocidade e Festexos, Sergio Miñones, a edil de Benestar Social, María José Pose, e representantes da Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local e Protección Civil.
O obxectivo é poder sumar forzas para garantir que todas as celebracións se desenvolvan de forma idónea.