![libro-Terra-de-Soneira]()
A AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella e os Amigos do Liño de Baio presentarán o venres 10 de decembro ás 19:30 horas no Auditorio do Pavillón de Baio o libro “A terra de Soneira no corazón da Costa da Morte” do que é coordinador o catedrático de historia
Xose Mª Lema Suárez e no que participan tamén
Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernandez Carreira, Roberto Mouzo Lavandeira, Xosé Mª Rei Lema e Marta Rei Lema. A presentación desenvolverase igualamente
en Vimianzo, no Salón Caribe ás 21:30 horas, organizado por Xerais e o Seminario de Estudos Comarcais.
Xa avisamos de que se trata de
Moito máis que unha guía sobre a Terra de Soneira, como xa vimos no
completo repaso aos contidos do libro.
No acto, ademais dos autores, tamén intervirán Manuel Muíño (Alcalde de Zas), Antonio Díaz Amor (Presidente de A.M.C. Pepe Valiña), Carmen Riveiro (Presidenta de Amigos do Liño), e Manuel Bragado (Director de Xerais)
O libro, cunha coidada edición e maquetación, fai un percorrido en
350 páxinas pola historia, xeografía, fala soneirá, manifestacións artísticas, arquitectura, etnografía, persoeiros, actividades culturais e deportivas, gastronomía e sete rutas para coñecer a comarca soneirá.
Colaboran na organización desta presentación o Concello de Zas e Industria Gráfica San Cristóbal.
Fonte
- Nota de prensa da AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella.