Venres. 29.03.2024
El tiempo

23 e 30 de decembro, últimas oportunidades para visitar as Torres do Allo no 2017

23 e 30 de decembro, últimas oportunidades para visitar as Torres do Allo no 2017
Os domingos 24 e 31 de decembro o pazo das Torres do Allo, no Concello de Zas, permanecerá pechado, polo que o vindeiro sábado 23 preséntase Torres do Allo por Ángel Amaro Ruz As Torres do Allo no Concello de Zas como a penúltima oportunidade de visitalo neste ano. O Nadal chega á Costa da Morte e un plan perfecto para completar as nosas festas é visitar o primeiro pazo de Galicia e o seu marabilloso entorno. Como é habitual, haberá visitas guiadas á 13:00 e ás 17:00 horas, nas que descubrir a historia e as lendas que gardan as pedras deste monumento histórico-artístico. Ademais de gozar da súa arquitectura e contemplar a exposición permanente de oficios tradicionais galegos, os máis cativos poderán participar no Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres”. Unha visita lúdico educativa na que tódolos nenos e nenas rematarán cunha recompensa a modo de tesouro. O vindeiros dous domingos, en horario de 11:00 a 19:00 serán as últimas oportunidades de visitar o pazo no 2017, un ano de auténtico récord para as Torres do Allo, con máis de 7.000 visitantes de múltiples nacionalidades e procedencias, situándose como o recurso turístico-cultural da Costa da Morte que máis medra.

Comentarios