Domingo. 05.05.2024
El tiempo

28 obras de toda a comunidade preséntanse á VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

Agora o xurado elixirá as cinco finalistas que se representarán os días 20 e 27 de abril e 4, 11 e 18 de maio nos Auditorios de Zas e de Baio

Mostra_teatro_afeccionado_labarta_pose_concello_zas-scaled
28 obras de toda a comunidade preséntanse á VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

Un total de 28 obras de teatro de diferentes grupos e compañías das catro provincias galegas optan a ser as finalistas da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, na que se repartirán 3.900€ en premios.

Unha vez pechado o prazo de presentación, agora é a quenda do xurado - formado por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius - que xa está a visualizar as obras recibidas para despois elixir as cinco finalistas que se representarán os días 20 e 27 de abril e 4, 11 e 18 de maio. As representacións comezarán entre as 20:00 e as 21:00 horas e repartiranse entre o Auditorio Municipal de Zas e o Auditorio Municipal de Baio.

Nigrán, Mos, Barreiros, Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontedeume, O Barco de Valdeorras, As Pontes, Rianxo, Corcubión, Arteixo, Cambre, Vedra, Coles, Tomiño e Teo son algunhas das localidades das que proceden as compañías/grupos que se presenta ao certame promovido polo Concello de Zas. A maior parte das obras recibidas son comedia, aínda que tamén hai algún drama, comedias románticas, thriller e musicais.

Nos vindeiros días coñeceremos as obras finalistas.

Comentarios