3 xeracións unidas polo liño
Un éxito, coma sempre a comida de Exaltación da Fía do Liño. E xa van 10 anos dende que os Amigos do Liño da Costa da Morte, comandados por Carmen Riveiro, artellan esta sesión que serve para demostrar que o liño está moi vivo en Galicia.
De novo a convocatoria superou os 400 comensais, que disfrutaron do habitual menú de produtos de Conservas Boya, migas de pan con chícharos, patatas con bacallau e papas de arroz. Pero a comida é unha excusa para demostrar a vixencia desta tela natural.
Quedou unha vez demostrada que hai moita canteira en Zas. Numerosas cativas (no hai aínda relevo masculino para as tecedoras) amosaron a súa arte co liño, facendo un compendio de idades que garante a supervivencia da tan tradicional fía. E feito, demostraron todos os pasos, que non son poucos, que hai que facer para crear calquera dos traxes que luciron os e as modelos.
É o desfile outro dos grandes atractivos da sesión. Fermosos traxes foron lucidos pol@s fermos@s modelos, entre os que cómpre destacar a aparición do baiés máis mediático, Jorge Mira, que nunca falta á súa cita co liño e a moda.
O ambiente no pavillón municipal de Baio estivo amenizado polas pandereteiras de Pedresqueiras, da mítica asociación local Adro. E cómpre salientar a labor dos cociñeiros, camareiros... e todo o persoal que fai posible este xantar. Un xantar que permite que o iño teña un impulso económico ao longo do ano.
Novas relacionadas
- O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- Comida da Fía 2011: O Liño ten canteira.
- Comida da Fía 2009: O desfile do liño.
- Escoitando ás palilleiras e o liño.
- 2009, o ano do Liño.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).