mércores. 20.05.2026
El tiempo

Triple cita para a semana literaria de Espiral Maior Foro

TARXETA Rivadulla Corcón. CARBALLO
Triple cita para a semana literaria de Espiral Maior Foro

Tres ecentos acolle esta semana o Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34) de Miguel Anxo Fernán Vello.

O mércores, día 20 de maio, ás 20:00 h., terá a presentación da novela “Madriña”, da que é autor o xornalista e escritor Antonio Tizón. Estará acompañado polo músico e psiquiatra Juan Carlos Díaz del Valle e polo director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.

TARXETA Antonio Tizón

O xoves, 21 de maio, ás 20:00 h., será presentado o libro de relatos “Onde o vento me leve”, de X. H. Rivadulla Corcón, publicado na Colección Baldaio de Edicións Espiral Maior. Participarán na presentación, ademais do autor, o poeta e novelista Francisco Xosé Fernández Naval e o director de Edicións Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello.

O sábado 23 de maio terá lugar, ás 11:30 h., unha nova sesión do Clube de Lectura de Espiral Maior Foro, dedicada nesta ocasión á novela “Viaxe a Libunca”, de Antonio Yáñez, autor que estará presente no acto.

CLUBE DE LECTURA Viaxe a Libunca

Comentarios