O Parlamento Galego non chega os acordos que si alcanzan a nivel municipal os tres partidos sobre a Planta de Biogás da Laracha
Proposta do BNG
Na xornada da tarde do martes, foi o BNG o que presentaba unha moción que exixía a paralización inmediata do proxecto promovido pola empresa Bioenergía A Coruña, así como a elaboración "inmediata" dunha normativa propia que regule a implantación deste tipo de industrias en Galicia.
Como era de esperar, o PP votou en contra e impediu a súa aprobación, como fai un ano cunha proposta semellante.
O deputado nacionalista Óscar Insua na súa intervención detallou os principais impactos do proxecto: ocupará máis de 95.000 metros cadrados de solo rústico nas proximidades do río Anllóns, tratará 63.500 toneladas anuais de residuos, prevé a circulación de 13 camións diarios, consumirá 1,5 millóns de litros de auga ao ano e producirá máis de 30.000 toneladas de efluentes líquidos e case 20.000 toneladas de digerato sólido sen tratamento. Ademais, criticou que o estudo de impacto ambiental non modele os cheiros, a pesar de que o núcleo de Vistalegre está a menos de 300 metros da planta.
Insua tamén se referiu ao propio alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, do PP, quen declarou publicamente que xa fora ver dúas plantas similares en Burgos e Tarragona e que os cheiros eran "insoportables". "O propio alcalde insiste en que o concello mantén desde o inicio unha posición firme e coherente en defensa do territorio. Se podes ver as alegacións presentadas polo concello contra este proxecto, calquera diría que son do Partido Popular", ironizou o deputado.
Tocoulle ao Deputado Gonzalo Trenor defender os procesos de avaliación para darlle a autorización e viabilidade ás 8 instalacións de biogás xa existentes en Galicia e as “outras tantas” que se están tramitando.
Proposta do PSOE
Xa na xornada matutina deste mércores, era o PSOE o que volvía levar o asunto a debate. Na súa intervención, a socialista Patricia Iglesias debullou a “sensación de abandono e impotencia da veciñanza” que ve como se decide sobre o seu territorio “sen escoitala” pese a que a instalación vai ter “un impacto evidente” sobre o día a día da parroquia.
Incidiu no impacto sobre o río Anllóns e criticou que, con ese escenario, a resposta da Xunta sexa “silencio e opacidade” sobre unha tramitación realizada “de costas á xente”, apuntando ademais a diferencia de criterio dende o PP local e o PP autonómico.
Sinalou, ademais, que “o máis preocupante” do problema é “o modelo que hai detrás”, polo que o Goberno galego “declara proxectos prioritarios autonómicos, modifica as normas para facilitar a súa implantación en solo rústico e deixa aos concellos e á veciñanza practicamente sen capacidade real de decisión”.
“Tramitar non é apoiar, é cumplir a lei”
Do bando popular, foi Ángelez Vázquez, a Conselleira de Medio Ambiente, a que respondeu volvendo incidir no proceso de alegacións do proxecto, Anímolle á Plataforma a que presenten as alegacións, sinalando que aínda remata o prazo o 26 de maio, e que a Xunta segue recibindo informes sectoriais sobre os que despois avaliará a súa autorización. “Tramitar non é apoiar, é cumplir a lei”, asegurou e como non, acabou falando da corrupción estatal do PSOE.
Acusacións do PP por corrupción
Resulta singular, que un partido que tantas mantas se teñen que poñer enriba para tapar a súa corrupción sistémica, dedique boa parte das súas intervencións a criticar a corrupción estatal do PSOE. Un asunto grave, pero que non ten que ver coa planta de biogás da Laracha, a pesar do cal, tanto a Conselleira Ángeles Vázquez como o deputado Gonzalo Trenor ocuparon boa parte do tempo das súas intervencións con este argumentario.
Tivo tamén Trenos palabras para o BNG, sinalando que estes procesos de loita veciñal són en realidade “campañas de bulos, acoso e maipulación do BNG”.
Rematou Insua lamentando a acusación de tramas do popular acusando ao PP de favorecer, a través de varios exconselleiros e a empresas como Greenalia.







