Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A 6ª edición da Universidade Sénior de Zas botou o peche a dous meses de coñecemento

Alumnado da Universidade Senior Costa da Morte 2024
O sorrinte alumnado da Universidade Sénior da Costa da Morte durante a gala de clausura deste curso
A 6ª edición da Universidade Sénior de Zas botou o peche a dous meses de coñecemento

Preto de 60 alumnos e alumnas maiores de 50 anos, viviron onte o peche a unha desas experiencias rexuvenexedoras. Volveron á Universidade, que llo ía dicir a elas, gracias ao programa da Universidade Sénior, o Programa Democratización do Coñecemento para Maiores de 50 anos que a Universidade da Coruña puxo en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co GDR “Costa da Morte” e o Concello de Zas.

A deste 2024 foi a 6ª edición do programa na Costa da Morte, e onte, luns 1 de abril, celebrose a clausura, e entrega de diplomas, no Centro Sociocultural de Baio.

Entrega Diplomas Universidade Senior Costa da Morte 2024
Entrega de Diplomas

O alumnado, procedente de 7 concellos das comarcas que fan parte da Costa da Morte participaron entre febreiro e abril nun programa que afondou en contidos como o Patrimonio e a Sociedade, a Ciencia e a Tecnoloxía e a Saúde e o Benestar.

Ademais de interesantes sesións teóricas con mestres como Elvira Santiago Gómez, Elvira Lezcano González, Miguel Abelleira Doldán, Alfonso Bravo Juega, Alsira Salgado, Salvador Naya, J. Luis Rodríguez-Villamil Fernández, Raquel Veiga Seijo ou Rosa Meijide Faílde, tamén gozaron e aprenderon en saídas de campo a visitar o patrimonio urbanístico da cidade da Coruña, o Planetario da Casa das Ciencias da cidade herculina ou o Balneario de Carballo.

Tendes máis fotos na galería da Universidade Sénior.

Universidade Senior Costa da Morte 2024-Sesión teórica
Imaxe dunha das sesións teóricas

Máis novas

Comentarios