Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A Universidade Sénior de Carballo pechou a súa primeira edición con 60 maiores "licenciados"

clausura universidade senior Carballo
A Universidade Sénior de Carballo pechou a súa primeira edición con 60 maiores "licenciados"

O martes rematou o programa universitario para maiores de 50 anos que puxo en marcha a Universidade da Coruña coa colaboración do Concello de Carballo e o financiamento da Xunta de Galicia. 

Un total de 68 alumnos e alumnas maiores de 50 anos inscribíronse para participar ao longo dos meses de outubro e novembro no programa formativo desta Universidade Sénior, que contou con 12 accioóns formativas diivididas en tres módulos: arte e patrimonio, ciencia e tecnoloxía, e saúde e benestar.

A xornada de peche foi unha xornada completa, xa que pola mañá celebrouse a saída de campo polo Bosque do Añón que non puidera levarse a cabo na data prevista inicialmente por mor do mal tempo, e pola tarde tivo lugar no auditorio do Fórum Carballo, sede local da Universidade Sénior, a entrega de diplomas ás persoas participantes.

12122023 clausura universidade senior Carballo 2023

No acto interviron a vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente da UDC, Nancy Vázquez Veiga; a directora da Universidade Sénior, Matilde García, e maila adxunta á Dirección da Universidade Sénior, Susana Iglesias Antelo, ademais do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Ámbalas dúas partes –UDC e Concello- coincidiron no positiva que resultou a experiencia e reiteraron o compromiso de mantela no tempo.Nos vindeiros días coñeceremos os resultados das enquisas que foi cubrindo o alumnado da Universidade Sénior ao remate de cada un dos tres módulos impartidos nesta primeira edición do Programa de democratización do coñecemento, pero os primeiros datos indican que a valoración é moi boa. 

Máis novas

Comentarios