Venres. 26.04.2024
El tiempo

A asociación Adro de Baio ao borde de disolverse por falta de relevo na directiva tras 35 anos de traballo cultural

A asociación Adro de Baio ao borde de disolverse por falta de relevo na directiva tras 35 anos de traballo cultural
A segunda asamblea de Adro apenas asistion vinte dos máis de 300 socios e socias que ten Adro A segunda asamblea de Adro apenas asistion vinte dos máis de 300 socios e socias que ten Adro Son varias as ocasións nas que a asociación cultural Adro de Baio, unha das máis soberanas da Costa da Morte, se viu ao borde da disolución pero agora a cousa vai en serio. Onte, ás 12 horas da mañá, convocáronse por segunda vez no mes de setembro aos máis de 300 socios e socias que compoñen a asociación con dous motivos. O primeiro, para buscar un relevo da directiva actual que dimite despois de catro anos ao cargo. “É necesario dárlle un novo aire á asociación con novas propostas”, afirman os catro membros que a compoñen. E o segundo motivo da asamblea era organizar os cursos de pandeireta, baile e gaita no que participan cerca de 100 rapaces da vila. Nin unha cousa, nin outra. Entre os case vinte socios, dos cales dous deles xa foran presidentes de Adro en anos pasados, non houbo ninguén que levantara a man para facerse cargo desta asociación cultural fundada en outubro de 1980. As contas non supoñen ningún impedimento para que as actividades que se organizan dende Adro se leven a cabo, xa que actualmente a asociación conta cun superávit de 12.000 € á falta de cobrar os carnéts do próximo ano e de recibir axudas pendentes que xa están comprometidas. Ademais, os ata agora membros da directiva mostraron o seu apoio e colaboración ás persoas que se quieran facer cargo da asociación. Que pasa se desaparece Adro? “Se algún dos socios está interesado en coller Adro, deberíao facer canto antes”, aseguran os actuais directivos. A urxencia débese a que en setembro é o momento de organizar os cursos de baile e música tradicional e de falar cos profesores antes de que se comprometan con outros grupos. “A xente de Baio colabora con todo o que se faga desde Adro, por iso non entendemos o temor dos socios a dirixir unha asociación tan importante para a vila como esta”, asegurou José Reborido, o ata agora presidente. A maiores dos cursos de baile e música tradicional, cos que se conseguiron moitos premios económicos e de recoñecemento, e que están en perigo no caso de non haber un relevo na directiva, a asociación cultural Adro encárgase de organizar o magosto, a cabalgata de reis, a comparsa de disfraces e a festa da Carballeira de Baio, entre outras actividades. Cómpre sinalar que estas actividades, en moitos outros lugares da bisbarra, son organizadas dende o propio concello.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios