Luns. 06.05.2024
El tiempo

Este sábado continúa a VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cunha comedia romántica

Lonxe dos teus abrazos-Teatro Afeccionado Nigran
Este sábado continúa a VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cunha comedia romántica

Este sábado, 27 de abril, continúan as representacións da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, organizada polo Concello de Zas, cunha comedia romántica que nos chega da man dos actores e actrices da Asociación Cultural Teatro do Ar de Nigrán. “Lonxe dos teus brazos”está protagonizada por Amelia e Nil; unha moza e un mozo que nos mostran as dificultades dunha relación a distancia. A obra de teatro está recomendada para maiores de 8 anos.

Será no Auditorio de Zas a partir das 21:00 horas.

Comentarios