A asociación galega de linfedema pon en marcha en Zas un servizo gratuito de fisioterapia especializado
11:42 07/06/17
A asociación galega de Linfedema, entidade que forma parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) - vén de poñer en marcha en Zas un servizo de fisioterapia especializado en linfedema, co que pretende mellorar as capacidades das persoas afectadas por esta doenza que ataca o sistema linfático.
Un total de 50 persoas de toda Galicia afectadas por linfedema van poder recibir este servizo de maneira gratuíta. O seu financiamento é a través dunha subvención de 12.000 euros procedente do 0,7% do IRPF e tamén da subvención de 11.000 euros da FundaciónONCE, e que xestiona COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica).
En Galicia son case 50.000 as persoas que conviven co linfedema, 900.000 en España, sendo preto de 3.000 mulleres, a maioría operadas de cancro de mama, ás que se lles diagnostica esta enfermidade, segundo sinalan a Sociedade Española de Anxioloxía e Cirurxía Vascular (SEACV) e Sociedade Española de Rehabilitación e Medicina Física (SERMEF), en Galicia
O Linfedema (alteración do sistema linfático) é unha enfermidade grave, crónica e progresiva, de evolución lenta, que proporcionalmente afecta ás mulleres. Non existen fármacos nin intervencións cirúrxicas eficaces. Está demostrado que o tratamento fisioterapéutico resulta efectivo para que a enfermidade empeore e se agrave.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Cogami