Venres. 19.04.2024
El tiempo

A autovía Costa da Morte abrirase ao tráfico este verán

A autovía Costa da Morte abrirase ao tráfico este verán
O presidente da Xunta, Alberto Nunez Feijoo, visitou onte as obras da autovia Costa da Morte O presidente da Xunta, Alberto Núñezz Feijóo, visitou onte as obras da autovía Costa da Morte. Imaxe: Xoán Crespo A Xunta prevé que este verán se abra ao tráfico a Autovía Costa da Morte AG-14. Así o anunciou na mañá onte, Alberto Núñez Feijóo durante a súa visita ás obras que segundo indicou "están executadas ao 80%". Nada se falou sobre a segunda fase das obras (Baio-Berdoias) durante esta visita tan institucional á que asistiron unha boa parte de alcaldes e outros representantes políticos da bisbarra. Tras un percorrido polo trazado das obras da autovía, Feijóo afirmou que cando dentro de poucos meses será posible percorrer os máis de 25 quilómetros entre Carballo e Baio e os 2 quilómetros da variante de Baio, libres de peaxe, operarase unha transformación nas comunicacións dunha comarca que habitan case 120.000 persoas. Entre outras melloras, vaise poder evitar o paso por 7 quilómetros de travesías, que se verán libradas de tráfico e serán espazos recuperados para a vida urbana e cidadá. Tras unha fase incial de apertura dos camiños e un parón de dous anos, as máquinas retomaron os seus traballos en decembro de 2014. Feijoo destacou que coa nova via a Costa da Morte sera un lugar mais vertebrado, competitivo e atratactivo Feijóo destacou que coa nova vía a Costa da Morte seráa un lugar máis vertebrado, competitivo e atratactivo. Imaxe: Xoán Crespo Coa apertura desta nova vía de comunicación, o presidente do Goberno galego, augura que a Costa da Morte sexa "un lugar máis vertebrado, máis competitivo e máis atractivo para investir e para vivir". Obras en crise Para Feijóo hai tres razóns polas que esta obra foi capaz de facerse en plena recesión económica: foi posible grazas á vontade dos veciños, “que non renunciaron nunca nin deixaron de reivindicar a Autovía”; grazas á tenacidade dos técnicos das infraestruturas da Xunta, “que conseguiron superar unha longa lista de atrancos que este proxecto puxo no camiño”, e grazas á vontade dos alcaldes e goberno galego. Deste xeito, o responsable autonómico salientou que, entre o ano 2009 e 2016 - durante a recesión económica - a rede galega de vías de altas prestacións terase visto incrementada nun 67%, con 207 novos quilómetros. Durante a súa visita á Costa da Morte, Feijóo referiuse tamén á política empresarial promovida polo seu goberno. Sobre este punto lembrou que nos distintos programas destinados a facilitar o acceso dos emprendedores ao solo empresarial, a Costa da Morte ocupa un lugar destacado, con bonificacións especiais no prezo das parcelas de titularidade autonómica que chegan ao 50%. Por último e no tocante ao Plan de Seguridade Viaria, Alberto Núñez Feijóo asegurou que esta iniciativa prevé destinar ata o ano 2020 máis de 300 millóns de euros á manter en condicións óptimas a rede viaria de titularidade autonómica. E recolle tamén a construción de 170 quilómetros de sendas que contribúan a reducir o uso do vehículo particular ao proporcionar camiños seguros, sostibles e integrados na paisaxe para percorrer as distancias cotiás. Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios