Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Deputación achega 34.000 euros para a contratación de seis traballadores en Zas

A Deputación achega 34.000 euros para a contratación de seis traballadores en Zas
Un traballador contratado co PEL da Deputacion Seleccionaranse seis operarios, un albanel oficial de 1ª e cinco peóns, para a realización de distintos traballos en espazos públicos A Deputación da Coruña, a través da liña de apoio aos concellos do Plan de Emprego Local (PEL-Concellos), realizará unha achega de 34.000 euros ao Concello de Zas para asumir os custos laboris e de seguridade de seis traballadores para a realización de obras e mantemento dos servizos municipais. O anuncio do proceso selectivo xa está publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo de presentación de instancias é de cinco días, que comezaron a contar onte, e as bases do proceso de selección poden consultarse na web do concello de Zas (www.concellodezas.org). Os seis operarios seleccionados - un albanel oficial de 1ª e cinco peóns - realizarán traballos de relacionados coa mellora dos servizos públicos municipais. Estes traballos incluirán o mantemento e limpeza de espazos públicos, camiños, parques e xardíns, realización de obras de reparación en instalacións municipais ou recollida de residuos. Destinatarios Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Galego de Colocación como demandantes de emprego. Así mesmo, a Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes. Dentro destes colectivos, outorgaranse puntos extra a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas. Nos anos 2016 e 2017, a liña PEL-Concellos do Plan de Emprego Local facilitou a inserción laboral de 996 coruñeses e coruñesas con especiais dificultades para atopar un posto de traballo. Este ano, o goberno provincial aspira a crear arredor de 500 novos empregos , cun investimento de 2,8 millóns de euros, priorizando a inserción laboral das persoas con maiores dificultades. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/os-concellos-da-costa-recibiran-660-000e-do-pel-para-crear-postos-de-traballo/ Fonte

Comentarios