A Festa da Carballeira de Zas preséntase no I Encontro Galego da Cultura Popular
08:09 13/06/18
A Festa da Carballeira Zas contou cun stand no I Encontro Galego de Cultura Popular que tivo lugar a pasada fin de semana na Cidade da Cultura
A Festa da Carballeira de Zas estivo moi presente no I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional que se celebrou a pasada fin de semana na Cidade da Cultura e no que participaron centos artistas e agrupacións de música de toda Galicia. Alí estaban os de Zas cun stand no que se demostrou que esta festa é un motor activo na divulgación da música galega. De feito, este ano no que o festival celebrará a súa 35º edición, a Carballeira contará coa presenza de grupos galegos variados: dende o grupo Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre, pasando por Pelepau, Astarot ou Sés.
Ademais de grupos da terra, os asistentes ao festival poderán gozar nesta edición de “unha Carballeira máis folk que nunca”, como dixo o seu director, Fidel Otero. Para iso contarase co grupo toledano The Fatty Farmes, os escoceses Mànran, a irlandesa Niamh Ní Charra ou os nipóns Harmonica Creams. Todos eles estarán no escenario Estrella Galicia, escenario principal
do festival.
A Carballeira de Zas terá lugar o 3 e 4 de agosto. As entradas para o festival xa se poden comprar na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea, tendo un prezo de saída de 10€, o bono para os dous días, tarifa que se manterá durante o mes de xuño. En xullo pasará a costar 12€. A venda en taquilla será de 15€, bono de dous días. Como en pasadas edicións os asistentes poderán contar con zona de acampada gratuíta (situada a poucos metros do recinto musical), baños y duchas.
Máis información
- www.festadacarballeira.com.
- Facebook da Festa da Carballeira.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte
Novas relacionadas
- 2018: Galicia, Escocia e Xapón protagonizan unha Festa da Carballeira de Zas máis folk ca nunca
- 2017: A Festa da Carballeira vence ao orballo e ao vento coa súa música de raíz.
- 2017: Youenn Le Berre, flautista de Gwendal: “O público da Festa da Carballeira de Zas transmite maxia”.
- 2017: Fidel Otero: “A Carballeira si está en moi bo estado de saúde, non tanto a música folk”
- Carballeira 2016: A Carballeira de Zas bate marcas
- Carballeira 2016: Mago de Oz arrincou unha espectacular Carballeira de Zas.
- Carballeira 2016: Fidel Otero: “A Festa da Carballeira é algo que levamos dentro”.
- 2013: 30 anos de folk e festa na Carballeira de Zas.
- 2012: A música e a troula puideron ca chuvia na Carballeira de Zas.
- 2012: Lupe Nieto: “Boa música sen troula non cabe na Carballeira de Zas”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).