venres. 09.05.2025
El tiempo

A Festa da Carballeira de Zas segue superándose

A Festa da Carballeira de Zas segue superándose
Cartel da Festa da carballeira zas 2014

Xa está aquí a XXXI Festa da Carballeira de Zas, unha das citas máis importantes da música folk en Galicia e en toda Europa. I é que 31 anos son moitos anos. Este ano a cita será ademais a única folqueira na Costa da Morte, trala desaparición da Festa Folk na Fin do Camiño.

A cita, coma sempre, o primeiro sábado de agosto, desta volta o 2 de agosto de 2014. Este ano, a organización da A.C. Castro Meda superouse, aínda que pareza imposible. Virán un grandes mitos do folk internacional como o estadounidense John Whelan (USA), un dos grandes mestres do acordeón, o instrumento da Carballeira por antonomasia. Pero é que ademais estará Budiño, unha das meirandes realidades galegas; os irlandeses Calum Heikki; unha banda de Costa Rica para abrir a noite, e a galega Begoña Riobó co seu festivo violín para pechar a festa.

A entrada custa 7€, coma sempre cun agasallo de CD conmemorativo do festival con 2 cancions de cada grupo. Así dá gusto pagar entrada!!

Semana de actividades

Todo, coma sempre, tras unha completa semana de actividades. Unha semana que xa comezou, e que continúa hoxe martes 29 ás 20.00h coa Presentación do libro "Salseiros" de Suso Lista, antes do monólogo de Isi.
Mércores, xoves e venres haberá obradoiros e actividades para os peques pola mañá e pola tardiña.Pero as actividades principais serán:

  • Mércores, 30 de xullo:
    - 19.30h. Presentación do libro "Raÿam. No estoy libre de pecado" de Juan Ignacio Moura Barreiro. (A porcentaxe económica correspondente ao autor, procedente da venda de exemplares durante o acto da presentación, será doada integramente á Plataforma de Vítimas do ALVIA 04155)
    - 20.45h. Presentación do libro "Otra oportunidad" de Geli Romero.
    - 22.00h. Monólogo "Naviza girl"con Isabel Risco (público adulto).
  • Xoves, 31 de xullo:
    - 21.30h. Teatro "Sede de mal" de Boneca Lareta. Auditorio de Zas (público adulto).
  • Venres, 1 de agosto:
    - 22.00h. Pasarrúas. Grupo tradicional O Pichote da Gandaina.
    - 24.00h. Concerto Folk. Radio Cos + Saldos Negativos.

E un sábado de Festa

Xa o sábado, a partir das 6 da tarde comezan as actuacións, coma sempre arrincando coa parte máis tradicional. A organizadora abrirá, como é habitual a xornada, para dar paso aos Grupos da A.C. Brisas do Quenllo e á Asociación de música e danza T. Queiroa.

Xa a partir das 21:00h, Peregrino Gris (Costa Rica), Budiño (Galicia), John Whelan (USA), Calum Heikki (Irlanda) e Rioboo (Galicia). Todo un luxo.

Jonh Whelan


Budiño


Calum Heikki


Begoña Riobó


Peregrino Gris


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios