Domingo. 16.06.2019
El tiempo

A figura de Labarta Pose reactívase coa visita do seu bisneto

A figura de Labarta Pose reactívase coa visita do seu bisneto
acto-enrique-labarta-pose Veciños e veciñas de Baio recibiron a visita do bisneto de Labarta Pose a quen lle expuseron as actividades que se relizan ao redor da figura do escritor O obxectivo está claro: que Enrique Labarta Pose teña o seu propio día das Letras Galegas. Iso é o que perseguen xa dende fai anos os veciños e veciñas de Baio para rendirlle a súa merecida homenaxe ao escritor baiés. "Polo momento, é complicado conseguilo xa que a Real Academia Galega está nunha fase de recoñecer o traballo de escritores máis recentes, tipo Carlos Carlos Casares, pero esperamos que nalgún momento volva ao século XIX", aclarou Jorge Mira, presidente da Comisión Pro Letras para Enrique Labarta Pose. Esta entidade fundouse xa a finais dos anos 90 e está integrada polas diferentes asociacións da vila (AA.VV. Tabeirón, A. C. Adro, Badius, CD Baio,...) ademais de Xosé María Lema e Jorge Mira que actualmente son membros da Real Academia Galega. Precisamente, representantes destas entidades recibiron este sábado nun acto celebrado nas Escolas Agra Regueiro ao bisneto do escritor, Enrique Labarta Greven que naceu e reside en Alemania, lugar ao que emigrou unha boa parte da familia despois do seu paso por Barcelona. No acto, estaba tamén Xose Manuel Varela que é o principal estudoso da obra de Labarta Pose e quen aproveitou a ocasión para destacar a enorme cantidade de traballos como escritor, xornalista, fotógrafo,... que realizou o baiés na súa curta vida (Baio 1863- Barcelona 1925). enrique-labarta-greven Enrique Labarta Greven, bisneto de Enrique Labarta Pose Precisamente unha boa parte destes traballos están actualmente en mans da familia Valiña - na mítica casa Ovidio de Baio - e que puido ver o pasado sábado o bisneto do escritor. A idea da entidade Pro Labarta é facer un inventariado de todo o material e buscar a colaboración de entidades como a Consellería de Cultura para dixilizar a documentación para poñela a disposición pública. Outra das ideas xurdidas a raíz da visita de Enrique Labarta Graven é crear unha biblioteca-mueso cos fondos de Labarta Pose para o cal a familia Valiña mostrou a súa intención de cedelo baixo a condición de que se conserve da forma correcta. Publicación "Unha boa misa" A Comisión Pro Labarta Pose tamén decidiu poñerse en marcha para publicar "Unha boa misa", un sainete inédito de Labarta Pose publicado en 1905 no semanario "Nova Galicia" de Bos Aires e que descubriu recentemente Xosé María Rei Lema. Enrique Labarta Greven coñeceu así de primeira man todas as actividades que se desenvolven en Baio ao redor da figura do seu bisavó e mostrou o seu agradecemento por todo o traballo realizado ao longo de todos estes anos. Asemade, mostrou a súa disposición para colaborar na creación da biblioteca-museo de Labarta Pose cedendo todo o material do que dispón a familia. O bisneto de Labarta Pose falou da importancia que ten para el seguir mantendo o seu vínculo con Baio, despois de que o pasado mes de marzo falecese o seu pai e neto do ilustre escritor baiés.   Novas relacionadas Fonte    

Comentarios