Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A parroquia de Brandomil protagoniza a nova entrega de "Zas polo miúdo"

A parroquia de Brandomil protagoniza a nova entrega de "Zas polo miúdo"
brandomil-zas A ponte de Brandomil é un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes do concello de Zas O concello de Zas vén de facer unha nova entrega de “Zas polo miúdo”; un programa posto en marcha pola concellería de Cultura de Zas no que a través da páxina web do concello se poñen en valor a riqueza natural e cultural do municipio. A parroquia de Brandomil é a protagonista desde mes de decembro onde o usario pode consultar datos poboacionais, históricos, arqueolóxicos, patrimoniais e culturais da parroquia. Brandomil está situada ao sureste do concello - á beira do río Xallas - está formada polos lugares de Acalabanda, Brandomil, A Lagoa, Limideiro, Padreiro, Pudenza e Quintáns. Segundo os últimos estudos, o seu nome é de orixe celta.   parroquias-concello-zas Para a elaboración da documentación, o concello de Zas contou coa colaboración Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema. Segundo indican, Brandomil serviu ao poeta galego Eduardo Pondal para poñerlle nome ao heroe celta que protagonizaba varios dos seus textos. Novas relacionadas Fonte

Comentarios