Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A unidade móbil do DNI volve a Zas dez anos despois

A unidade móbil do DNI volve a Zas dez anos despois
No vindeiro ano o concello de Zas recibirá unha unidade móbil do servizo de tramitación do Documento Nacional de Identidade da Policía Nacional para atender as solicitudes de renovación e expedición do DNI e/ou do pasaporte por parte das persoas que o precisen. Segundo sinalan dende o goberno municipal, este servizo deixara de funcionar hai dez anos a consecuencia dos recortes causados pola crise económica. A súa nova posta en marcha xurde despois das xestións relizadas co xefe da Comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela. “Cremos que é un servizo básico e que evita desprazamentos da veciñanza até as comisarias de Santiago de Compostela ou da Coruña”, sinala Muíño. A unidade móbil desprazarase a Zas os días 2 de marzo e 29 de novembro e atenderá cada un dos días a un máximo de 65 persoas, que deben pedir cita previa chamando ao 981 70 83 03. Fonte

Comentarios