Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A unidade móbil do DNI volve, por segunda vez en 10 anos, a Zas

A unidade móbil do DNI volve, por segunda vez en 10 anos, a Zas
A unidade móbil do DNI volveu a Zas A unidade móbil do DNI volveu a Zas en marzo por primeira vez en 10 anos

Volvía a Zas o pasado marzo, gracias ás xestións dende o Concello, tras 10 anos sen facelo. E este próximo xoves 29 de novembro, unha unidade móbil do servizo de tramitación do DNI da Policía Nacional desprazarase ata as dependencias do Concello de Zas para tramitar as solicitudes de renovación e expedición do Documento Nacional de Identidade e/ou pasaporte dos veciños e veciñas do noso concello así como doutros limítrofes.

Os trámites realizaranse en horario de 09:30 a 13:15 horas e ainda quedan prazas vacantes, polo que os/as interesados/as poden pedir cita previa chamando ao 981 70 83 03 onde lle indicarán a documentación necesaria en caso de que sexa a primeria expedición ou renovación.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-unidade-mobil-do-dni-volveu-a-zas-10-anos-despois/

Comentarios