Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo para anotarse nos obradoiros de conciliación de Semana Santa de Zas

obradoiros-semana-santa-zas-2023
Aberto o prazo para anotarse nos obradoiros de conciliación de Semana Santa de Zas

Xa está aberto o prazo para anotarse nos obradoiros de Semana Santa organizados polo Concello de Zas co fin de contribuír á conciliación laboral e familiar dos veciños e veciñas. Estes obradoiros de Semana Santa son gratuítos e están dirixidos a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Haberá dúas quendas, unha en horario de mañá e outra en horario de tarde e desenvolveranse os días 3, 4 e 5 de abril. Concretamente realizanse de 10:00 a 13:00 horas no Centro Sociocultural de Zas e de 16:00 a 19:00 horas no Centro Sociocultural de Baio.

Para asistir é necesario anotarse previamente en calquera destes números de teléfono: 981 751 398 ou 981 718 056.

Comentarios