Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Adro crea os ‘Premios Fouciño do audiovisual’

Adro crea os ‘Premios Fouciño do audiovisual’
Adro Premios Foucino Fantástica a idea da asociación Adro, en colaboración cos veciños e veciñas de Baio e o apoio do Concello de Zas e a clínica de fisioterapia “Vértebra”, convoca o ‘I Certame Premios Fouciño a creacións audiovisuais curtas’ Todo ten a súa historia. E esta idea vén dos anos 90. Entre os anos 1995 e 1999, un grupo de rapaces e rapazas de Baio e o seu entorno graban e proxectan o que sería a primeira curtametraxe da Costa da Morte. O título da obra era “Fouciño sanguento” e na produción participou un numeroso grupo de xente nova con inquietudes creativas e muitas ganas de experimentar nun medio que hoxe está a orde do día pero que na época era menos accesible. O acceso as tecnoloxías fixo que, o que hoxe parece moi sinxelo, fai 20 anos non o fora tanto. En homenaxe a esa iniciativa, a asociación Adro pretende celebrar un festival no que se premien as pezas máis orixiniais, co obxectivo de espertar entre os e as estudantes da Costa da Morte, sobretodo, pero tamén no resto da poboación, esa inquietude pola creatividade audiovisual. Desta maneira, xa se está a traballar na organización dunhas xornadas que terían lugar o venres 27 e sábado 28 de maio nas que se enmarcará a proxección e entrega de premios do certame. O que se pretende é aglutinar nesas xornadas unha serie de elementos didácticos e de difusión da cultura audiovisual centrándose no seu aspecto máis creativo. A idea é proxectar as curtas seleccinadas a concurso que, divididas en dúas categorias (categoría para estudantes e categoría aberta), serán valoradas por un xurado profesional pero tamén polo público. Ademais, preténdese que dentro das xornadas se leven a cabo proxeccións de outras pezas fora de concurso, charlas, talleres para nenos e un concerto de clausura da gala de entrega de premios. Nestes momentos xa se contactou con varios centros de ensino os que se lle comunicou a proposta, a cal foi moi ben recibida. Temos constancia de que nalgún deles xa se comezou a traballar na producción dalgunha peza para o concurso. Así todo pretendese, por parte da asociación, achegarse a tódolos centros que sexa posible para dar unha charla e así guiar e aconsellar ó alumnado para a elaboración das pezas. [fbvideo link="https://www.facebook.com/premiosfoucino/videos/1293472850668018/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]

Máis información e inscrición

Poderanse consultar as bases e descargar o formulario de inscrición dende o facebook do festival ”Premios Fouciño” e a entrega das pezas farase vía mail antes do 18 de maio, data na que remata o prazo de inscrición e entrega.

Fonte

Comentarios