O Alcalde de Zas leva a Madrid a problemática coa contaminación por nitratos

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, viaxou onte a Madrid para presentar da man do Deputado do BNG, Néstor Rego, unha pregunta no Congreso para que os responsables do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico respondan a unha serie de preguntas en relación ao mapa das zonas sensible á contaminación a nitratos.
Desta maneira, o Concello de Zas, a través do seu Goberno Municipal, continúa dando pasos para a frear a proposta da Xunta de Galicia de declarar o noso municipio como Zona Vulnerable a Nitratos. “O Concello de Zas é o unico concello da Costa da Morte que figura dentro desta
proposta que suscitou unha enorme alarma e incredulidade tanto nos produtores como no equipo do Goberno Municipal dado que, comparado con outros municipios da zona, temos as explotacións agrarias mellor dimensionadas e con maior base territorial”, sinala Muíño.
Así Rego, que deixou claro que a presenza de nitratos non poder doutra orixe que a agrícola, pregunta cales foron os criterios técnicos empregados para determinar esas estacións ou puntos de recollida de mostras para medicións; e se é posible acceder aos datos dos últimos 5 anos.
Nos vindeiros días, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, reunirase cos representantes do sector agro-gandeiro do Concello de Zas para informalos dos pasos dados e de trasladarlle toda a información obtida ata o momento.