sábado. 15.03.2025
El tiempo

Un estudo revela unha baixa contaminación por nitratos nas augas do Concello de Zas

markup_1000146992
O alcalde de Zas en rolda de prensa
Un estudo revela unha baixa contaminación por nitratos nas augas do Concello de Zas

"Estupor, sorpresa e por que a nós, iso é o que nos preguntamos desde o momento en que coñecemos a proposta de declarar a Zas como Zona Vulnerable a Nitratos”, sinalou Manuel Muíño, nunha rolda de prensa explicativa sobre o caso dos nitratos.

“Antes de nada queremos que quede claro o compromiso do noso Goberno co medio ambiente e unha mostra diso é o bo estado de conservación no que se atopan os nosos ríos”, destacou onte o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, durante a rolda de prensa que ofreceu para explicar as xestións realizadas con respecto a proposta de declarar ao municipio de Zas como Zona Vulnerable á Contaminación por Nitratos (ZVN).

O equipo Goberno do Concello de Zas xa realizou varias xestións como manter unha reunión co sector agro-gandeiro,  e outra coa Consellería de Medio.
No encontro, Muíño presentoulles os resultados do recente estudo encargado polo Concello de Zas no que confirman un valores de 7,13mg/l e 8,15 mg/l de nitratos nas aguas e que distan moito dos 25 mg/l que indica o Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico para a declaración de Zona Vulnerable á Contaminación por Nitratos. Pola súa banda, dende a Consellería indicaron que esta non é de momento unha decisión definitiva se non que se trata dunha proposta. “No caso de que siga adiante esgotaremos todas as vías para revocala sinalou Muíño.
 
Por outra parte, o rexedor solicitou unha reunión coa Conselleira de Medio Rural, María José Gómez Rodríguez da que aínda non obtivo resposta. Ademais Muíño, viaxará a Madrid para solicitar información ao Ministerio para coñecer onde e cando se fixeron as medicións, baixo que criterios técnicos,… e toda a información recollida para a elaboración deste mapa das zonas contaminadas por nitratos que sirve á Xunta de Galicia de base para a súa proposta. O rexedor estará acompañado polo Deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego. Á volta, convocará a xuntanza informativa co sector agro-gandeiro este sábado, 15 de marzo, co sector agro-gandeiro para explicarlles os resultados obtidos na análise das augas así como os pasos que se están a dar dende o Goberno Municipal para revocar esta proposta. Próximos estudos O Concello de Zas encargará nas vindeiras semanas un novo estudo para analizar o nivel de nitratos en auga. E terá outra reunión cos demáis alcaldes da provincia da Coruña incluídos na ZVN, co fin de estudar solucións conxuntas.
 

Comentarios