Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O alumnado do IES de Baio estrea a súa singular exposición sobre a paz e as violencias

Exposicion IES Baio
O alumnado do IES de Baio estrea a súa singular exposición sobre a paz e as violencias

Inauguraba o pasado venres o IES de Baio unha singular exposición. Unha exposición especial pola temática que trata e polo procedemento de creación e elaboración da mesma.

En primeiro lugar, o alumnado quere falar en termos de paz, nestes tempos onde os berros de guerra e a violencia continua invande as nosas vidas. E fala a través de 16 paneis fotográficos en branco e negro, fronte á cultura de paz que se manifesta noutros 16 paneis fotográficos realizados en cor. Todos os paneis contan con pequenos textos que teñen a vontade de facer reflexionar e de apoiar o que reflicten as fotografías. O alumnado é o gran protagonista xa que nas 32 imaxes, a través dos seus xestos e dunha axeitada recreación das situacións, somos quen de comprender moi ben a mensaxe que pretende transmitir cada un dos paneis informativos.

O alumnado quere sensibilizar á veciñanza sobre a importancia de asuntos tan fundamentais, e ás veces tan alleos ao noso día a día, como a guerra, a tortura, os crimes por razóns de orientación afectivo sexual, a persecución por motivos relixiosos, os asasinatos machistas e a trata de persoas, a experiencia negativa, e en moitas ocasións dolorosa da migración forzosa, a infancia devorada por todas estas violencias.

”Exposicións coma esta que nos levan a viaxar da escuridade á luz axudan nesa misión educativa e pedagóxica”. O alumnado visitaraa cunha guía para comentar todos estes aspectos e estará aberta a todo o público que a desexe gozar en horario lectivo. Esta actividade, coordinada polo Equipo da Biblioteca, inclúese no Contrato Programa Innova de Fotografía que se está a desenvolver no Centro.

Comentarios