Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Andrea Maceiras abriu o Mes do Libro do IES de Baio falando de redes

Andrea Maceiras no IES de Baio
Andrea Maceiras abriu o Mes do Libro do IES de Baio falando de redes

Onte inciaron os encontros literarios organizados no IES Maximino Romero de Lema con motivo da celebración da quinta edición do Mes do Libro. Foi da man dunha das voces máis aclamada pola mocidade e que en 2020 foi a máis lida nos Club de Lectura de Educación: Andrea Maceiras. A escritora que conta con numerosos premios na súa carreira literaria compartiu reflexións arredor do libro “Que me pare o corazón se te esquezo” co alumnado de 3º ESO e do club de lectura de 1º FPB e 4º ESO.

O acto comezou coa espléndida presentación da escritora realizada polas alumnas Estela e Milena, que a continuación lle cederon a palabra á protagonista da xuntanza. Debullou o que é a literatura para ela, das razóns da súa escrita (expresar o que sente), das fontes nas que bebe (experiencia propia, historias que lle contan, na prensa e na realidade que observa.) Tras este breve preámbulo entrou de cheo na temática do libro: os retos virais e a saúde mental que reflicten; quen os lanza, que tipos hai (sociais, solidarios e perigosos), cales son as motivacións que levan a realizalos, a quen chegan a través das redes sociais (necesidade de afecto, consolo, casos acoso escolar, de depresión ..), cal é a reacción de pais e nais ante esta problemática…

Andrea Maceiras deixou claro que considera que non todo é culpa das redes, pois estes retos xa existían antes como ela mesma viviu de nena cando viu unha moza desmaiarse polo reto do “apagón”. Sinalou que as redes tamén teñen un significado positivo xa que nos permiten a conexión, non sentirnos sós, compartir intereses con persoas.

Andrea Maceiras no IES de Baio2

Na última parte do encontro foi a quenda do alumnado, algo tímido ante o sorriso e proximidade da autora, que lle realizou cuestións ben interesantes sobre a lectura realizada.

Comentarios