Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Arantza Portabales inaugurou os encontros literarios do IES de Baio

Aranzta Portabales no IES de Baio
Aranzta Portabales asinando libros ao alumnado do IES de Baio
Arantza Portabales inaugurou os encontros literarios do IES de Baio

Arrincaron os encontros literarios deste curso no IES Maximino Romero de Lema de Baio. O alumnado de 1º Bacharelato reflexionou coa autora vasca sobre sobre O home que matou a Antía Morgade, sobre o seu proceso de escritura, e sobre como comezou a súa labor como escritora. A novelista confesou que empezou a escribir por afección -por suposto sempre foi unha amante da lectura- e que acadou un espazo no que é totalmente libre a base de abandonar outras responsabilidades.

Comentou que neste libro quixo centrarse na culpa, en como afrontar a perda dun ser querido; tamén quería tratar o tema do abuso, do medo a denunciar por mor do xuízo social ao que se somete ás vítimas. Destacou que nesta novela o importante non é quen é o asasino, senón como todos os personaxes principais viven o medo a posibilidade de ser as súas próximas vítimas.

Foron varias as sorpresas que lle tiña preparado o centro á autora: Na propia entrada quedou abraiada pola composición con manequíns que representaban aos principais personaxes da novela.

Aranzta Portabales no IES de Baio.JPG 3

Ao entrar no salón onde a esperaba a rapazada soou a Canción de vida y muerte de Iván Ferreiro, coa que se emocionou pois está entre as súas preferidas e cuxa temática se relaciona co libro.

A xornada completouse cun encontro distendido, arredor dun café membros do Club de Lectura de Adultos. Aí chegou a segunda sorpresa: un agasallo dunha gran galleta na que estaba impresa a portada do libro.

Aranzta Portabales no IES de Baio.JPG 2
Cos membros do Club de Lectura

Comentarios