Mércores. 27.10.2021
El tiempo

O Arquivo da Deputación repasa aos 500 anos de historia das Torres do Allo, o primeiro Pazo de Galicia

O Arquivo da Deputación repasa aos 500 anos de historia das Torres do Allo, o primeiro Pazo de Galicia

O Arquivo da Deputación da Coruña publica cada mes un completo documento que repasa a historia dalgún dos seus elementos patrimoniais. Estes mes de setembro, as protagonistas somm AS Torres do Allo, sobre as que versa este completo documento con textos que recollen información dos cincocentos anos de historia do pazo.

Os cincocentos anos de historia do primeiro pazo de Galicia comezan cunha etapa de máximo esplendor a finais do século XV, momento no que os Riobóo idean o levantamento deste inmoble. Ao longo das quince xeracións desta familia, prodúcese a habitual historia de ascenso social a través de ligazóns ventaxosas con outras familias fidalgas. Ademais do propio pazo, constrúense outros elementos como a Igrexa de San Pedro do Allo, que data do século XVI.
Xa na segunda metade do século XIX, Francisca, filla do deputado provincial Francisco Riobóo, convértese na primeira muller en herdar o Coto de Allo. Esta, cásase co reputado naturalista Víctor López Seoane, que se carteaba co mesmísimo Charles Darwin, e que é artífice do magnífico acceso ao pazo, unha avenida vexetal envolvente. Este deputado da familia Riobóo foi o derradeiro señor xurisdicional de Allo.
É en o 1998 cando a Deputación toma as rendas e acorda adquirir as Torres, nun momento no que só quedaban os muros. Tras anos de abandono, sobrevivira a ruína e a casa abatida xa empezaba a ser desposuída dalgúns signos do pasado esplendor, como os seus balcóns. Co obxetivo de recuperala e protexela, o ente provincial aproba no 1999 o proxecto de rehabilitación das recentemente adquiridas Torres do Allo.

comentarios