![]()
Un ano máis volven a Zas as rutas de sendeirismo para coñecer o municipio. Será este venres cando arranquen unha serie de tres rutas que se realizarán en horario de mañá e que están dirixidas tanto a nenos e nenas de máis de 7 anos como aos adultos.
"Os venres a pé" - que se realizarán os días 10, 17 e 24 de agosto, discorrerán por algunhas das paraxes naturais máis destacadas do municipio. A praza do Concello será o punto de saída e de chegada desta serie de percorridos de dificultade baixa que se enmarcan dentro da programación de verán deseñada polo concello. Para realizar estas rutas é recomendables utilizar calzado e roupa e o uso de crema de solar. Ademais, os participantes poderán levar a súa propia merenda xa que ao longo das rutas teremos tempo para descansar.
Os/as interesados en participar en calquera das rutas deben anotarse previamente chamando ao número de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056. A inscrición é de balde.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/zas-e-santa-comba-preparanse-para-o-dia-da-bici/
“Chega a Zas e a Muxía un verán cheo de actividades” — Que pasa na costa
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Zas