![]()
Xa está aquí a
segunda edición dos Premios Fouciño de Baio, organizados pola asociación cultural Adro coa colaboración do concello de Zas e de varios establecementos da vila.
A
semana do audiovisual é o pistoletazo de saída para un certame que culminará o vindeiro sábado, día 8, con actividades todo o día e coa entrega de premios que virá acompañada dun concerto de música emerxente.
Durante toda a semana proxectaranse distintos documentais que gardan unha certa relación coa Costa da Morte. A semana do audiovisual arranca hoxe coa proxección de
Man Fred, Home sen Paz, un documental sobre o Alemán de Camelle producido por Simón Vázquez e David Formoso. A cita é as 21:30 horas na entreplanta do mítico "edificio do cine"; un edificio que albergou durante anos unha sala de cine coñecida como "Cine Pomares".
Un pouco antes da proxección, o alcalde de Zas - Manuel Muíño - e demais membros da corporación, inaugurarán este novo baixo municipal. Ao remate do documental, reparatiranse pinchos gratis entre todos os asistentes.
Documental sobre Angrois
As proxeccións continúan mañá no mesmo sitio e á mesma hora (entreplanta do edificio Pomares ás 21:30 horas) co documental
"Angrois no Esquecemento" de Susana Recouso e Emilio Carral (Lentes Diverxentes). Todas as actividades que se enmarcan dentro dos Premios Fouciño son gratuitas.
A segunda edición dos Premios Fociño promete ser un éxito. Unha mostra diso, son a gran cantidade de videos e fotos promocionais de distintas persoas tanto do audiviosual galego como doutros ámbitos e que se poden ver na súa
páxina de Facebook.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/premiosfoucino/videos/1793349807346984/" width="500" height="400" onlyvideo="1"]
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).