Martes. 30.04.2024
El tiempo

As familias de Zas mostran con pancartas o seu malestar polo servizo de pediatría

As familias de Zas mostran con pancartas o seu malestar polo servizo de pediatría
zas-sen-recortes-pediatria Membros da coordinadora "Zas sen recortes en pediatría" colocaron estes días distintas pancartas por todo o municipio Os pais e nais de Zas non queren quedarse de brazos cruzados ante a reducción de horas que sofren dende o pasado mes de xuño no servizo de pediatría que se presta nos centros de saúde de Zas e de Baio. Así, co propósito de demostrar a súa disconformidade con esta situación veñen de colocar pancartas por todo o municipio nas que se poden ler lemas como "Sanidade pública si, recortes non", "Sanidade pública de todos para todos", "Os recortes en saúde matan", "Por unha sanidade rural digna", "Non máis recortes en pediatría", "Venden a saúde dos nosos fillos", entre outros. Esta acción súmase a outras que xa fixeron recentemente, tales como reunirse con responsables do Sergas ou recoller firmas para recuperar o servizo, e outras que se realizarán nos próximos días. Concretamente, as familias - organizadas baixo a coordinadora de "Zas sen recortes en pediatría" - realizará o próximo 20 de outubro dúas concentracións abertas a toda a veciñanza diante do centro de saúde de Baio (ás 17:00 horas) e do Centro de Saúde de Zas (ás 18:00 horas). "Con esta concentración queremos protestar en contra dos recortes de pediatría que se fixeron nos nosos centros de saúde dende o pasado mes de xuño. Dende entonces, o especialista presta servizo en horario de 12:00 a 15:00 horas cando antes o facía de 08:00 a 15:00 horas", sinalan dende a coordinadora "Zas sen recortes en pediatría".

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-familias-de-zas-concentraranse-en-contra-dos-recortes-no-servizo-de-pediatria/ “Presentadas cerca de 1.000 firmas para recuperar as 35 horas semanais no servizo de pediatría en Zas” — Que pasa na costa Fonte        

Comentarios