![Punto Rojo en Baio]()
As rúas estiveron ateigadas durante toda a fin de semana
Ruta en tren a que houbo que facer en Baio esta fin de semana para ver as ofertas e os pinchos dos 67 establecementos que se animaron a participar nas xornadas do Punto Rojo. Fermoso ambiente de festa o que conseguen os empresarios da Asociacion Comarca de Soneira nas suas accions baiesas. I é que cando consegues involucrar á toda a vila, o éxito está asegurado.
Así o ratifica a presidenta dos Empresarios, Tatiana Rellán, que á espera de confirmar as cifras de vendas co resto de compañeiros, sinala que “a asociación pode dicir o Punto Rojo é unha campña que funciona, que volveu ser un éxito como o ano pasado”.
”Creo que ademais de funcionar moi ben economicamente para os nosos comerciantes, é un bo atractivo para acostumar a xente a vir ata Baio. Nese sentido, se ben o pobo de Baio é o máis importante, porque se implica a tope e son os primeiros en saír da casa, pasear, consumir… e é moi de agradecer, esta edición tivemos xentes de outras zonas como Coruña, Arteixo, Carballo… e creo que é algo que fala en pro da existencia da Autovía, que de non ser por ela seguro que toda esa xente non se achegaba ata aquÍ”, explica.
![Ofertas no Punto Rojo en Baio]()
Ofertas no Punto Rojo en Baio
Con lemas como “Se a Baio ves mercar, un máster en Economía terás” os establecimentos sacaron as súas grandísimas ofertas á rúa, e a xente xa estaba preparada o venres para saír á buscar a mellor compra. Os bares arrincaron coas súas tapas (a 1,50€, moita calidade e cantidade) sobre todo na noite do venres, xa con moita xente de fóra polas rúas.
O sábado foi un día completiito, con moitísima xente ao mediodía, pero a calor fixo que houbese un parón ata as 19:00h. As xentes tomaron un respiro nas praias da contorna (nomeadamente Laxe, a praia de referencia para moitos baieses), e volveron a Baio, para facer as compras (os establecimentos non pecharon ata as 22:00) e disfrutar dos bares que serviron tapas e tapas ata a media noite.
O domingo pola mañá estivo moi cheo, e a chuvia entre as 14:00h e as 17:00h permitiu que a xente fose comer. E cando parou de chover a xente estaba esperando a que escampase para encher de novo as rúas baiesas.
![Pinchos do Muino no Punto Rojo de Baio copia]()
Tapas do Muíño no Punto Rojo de Baio
Houbo actividades para todo o mundo, pois os inchables estiveron cheos toda a fin de semana. Non faltou a música, co concerto sabatino de Dani Royo e Alejandro Rey e a sesión vermú dominical en acústica de Dani Royo no Trébol.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/arranca-en-baio-unha-nova-edicion-do-punto-rojo-con-rebaixas-e-pinchos/
https://quepasanacosta.gal/a-costa-da-morte-bota-o-pecha-o-1-de-maio-a-prol-do-comercio-local/
https://quepasanacosta.gal/o-punto-rojo-tivo-premios/
https://quepasanacosta.gal/tatiana-rellan-a-proximidade-que-ofrece-a-autovia-e-unha-vantaxa-para-campanas-comerciais-como-a-do-punto-rojo/