Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo abren a porta por verán

As Torres do Allo abren a porta por verán
As Torres do Allo abren todos os dias do veran As Torres do Allo abren todos os días do veran As Torres do Allo abrirán tódolos días a partir deste venres 15 de xuño. O primeiro pazo de Galicia non pechará as súas portas dende ste venres 15 de xuño e ata o 15 de setembro, abrindo tódolos días.

Horarios e visitas guiadas

As Torres estarán abertas de luns a venres o horario será de 11:00 da mañá a 20:00 da tarde; e o sábado e domingo permanecerá aberto ata as 21:00 horas. Haberá visitas guiadas gratuítas tódolos días á 13:00 e ás 17:00 que terán unha duración aproximada de 50 minutos e nas que se poderá coñecer a historia completa do pazo dende o século XV ata a actualidade, e visitar a contorna chea de encantos como a carballeira centenaria de Vítor López-Seoane, a capela de San Pedro do Allo, a fonte milagreira de San Ramón, as Casas do Curro e o pombal, os hórreos, ect...

"Escape Room"

Por se fora pouco, a finais de mes arrinca unha iniciativa sorprendente para visitas as Torres dunha maneira completamente diferente. O Pazo do Allo convértese nunha enorme "Escape Room", un xogo de escapismo para realizar en grupos e baixo reserva no que deberemos atopar a maneira de escapar do pazo nun tempo límite. Unha proposta para as persoas máis atrevidas onde se coñecerán lugares das Torres do Allo aos que non se pode acceder na visita normal. A actividade é completamente gratuíta, para grupos de entre 2 e 10 persoas, e para reservar un día en concreto simplemente hai que escribir un correo a [email protected]. Volverán tamén ao longo do período estival as xa clásicas visitas teatralizadas cos Quinquilláns. Unha actividade para toda a familia á que se suma tamén o Xogo de Pistas para facer un percorrido diferente polo pazo que precisa da colaboración dos máis pequenos da casa.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/suman-e-seguen-as-visitas-nas-torres-do-allo/

Comentarios