Venres. 26.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo bate récord de visitas

As Torres do Allo bate récord de visitas
pazo-torres-allo Un total de 999 persoas visitaron o pazo das Torres do Allo, en Zas, durante o pasado mes de xullo A unha persoa para acadar os 1000 visitantes, o pasado mes de xullo o pazo das Torres do Allo - xestionado polo concello de Zas - bateu récord de visitas dende que o edificio abriu as súas portas ao público aló polo ano 2005. Este dato tradúcese nun incremento do 21% con respecto ao mesmo mes do ano anterior e un 33% máis ca no 2015. O monumento declarado Ben de Interese Cultural no 1999 forma parte xa das visitas imprescindibles no xeodestino Costa da Morte, de onde proceden un 25% dos visitantes. O triángulo formado polo Dolmen de Dombate - sete quilómetros -; o Castro de Borneiro, - a seis -; e o pazo das Torres do Allo, atrae a público de tódalas procedencias e nacionalidades. Destacan sobre todo Madrid, Cataluña, País Vasco e as Illas Baleares como as comunidades autónomas de maior afluencia. Un 38% dos visitantes veñen doutras partes de Galicia atraídos/as pola historia do pazo e a excepcionalidade da súa arquitectura e contorna. A falta de seis meses para pechar o ano, Torres do Allo está preto de alcanzar as cifras de visitantes de todo o ano 2016. O concello de Zas, a través da súa concellería de Cultura, puxo en marcha este verán un atractivo programa cultural con actividades dirixidas a todos os públicos; tales como concertos ao aire libre, cine, teatro, xogos en familia, concurso de fotografía,...  

Máis información

  Novas relacionadas Fonte

Comentarios