luns. 05.05.2025
El tiempo

Flores e poemas Enrique Labarta Pose embelecen Zas

xardineiras-labarta-pose-zas
Flores e poemas Enrique Labarta Pose embelecen Zas

Xa están instaladas nas principais rúas de Baio e de Zas un total de 18 xardineiras cheas de flores e de poemas de Enrique Labarta Pose. Unha nova acción do Concello zaseiro para commemorar o 100 aniversario do falecemento do polifacético autor local (este 13 de maio), e invitar á RAG a que lle adique o vindeiro ano a Labarta Pose o Día das Letras Galegas.

Esta iniciativa nace co obxectivo de achegar a obra de Labarta Pose dun xeito fermoso e orixinal a todo aquel que visite vilas de Baio e Zas e nas xardineiras poderanse ler algúns dos seus poemas na defensa da lingua, das mulleres, dos animais e das nosas tradicións. 
Ademais, tal e como sinala o Alcalde, Manuel Muíño, “esta actuación darálle un novo aspecto as nosas vilas creando espazos máis agradables e vistosos”. As xardineiras estarán instaladas durante todo este ano.

Comentarios