martes. 06.05.2025
El tiempo

As motos antigas invaden Zas este sábado

Zas-XVII-Motos-Antigas-Concello de Zas
As motos antigas invaden Zas este sábado

Este sábado 8 de xuño, as motos antigas invadirán Zas. Unha das  poucas citas, xunto á de Carballo, desta índole na Costa da Morte.

O Centro Sociocultural de Zas será o punto de saída e de chegada da XVII Concentración de Motos Antigas; un encontro que organiza o Concello de Zas en colaboración con Motos Josi. Colabora na organización  César Vázquez, de Lamas.
No encontro poden participar todas aquelas persoas cunha moto de máis de 35 anos. Coma sempre realizarase un percorrido por algúns dos puntos máis emblemáticos da Costa da Morte: cabo Vilán, Cereixo e praia do Lago, entre outros.

O prezo é de 15€ para aquelas persoas que queiran participar na ruta e nos que se inclúen uns pinchos e de 35€ para aquelas que ademais dexesen participan nun xantar de confraternidade que terá lugar no restaurante Tívoli de Zas.
Para participar é necesario anotarse antes do 4 de xuño no número de teléfono 698 178 654.

Comentarios