Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo dixitalízanse e énchense de actividades

As Torres do Allo dixitalízanse e énchense de actividades
Un dos monumentos máis emblemáticos da Costa da Morte colle pulo. Así, as Torres do Allo - un dos poucos pazos de Galicia abertos ao público - vén de abrirse tamén na rede cunha páxina web propia e cun perfil nas redes sociais máis usadas do momento (Facebook e Instagram). A web recolle toda a información que xira ao redor do monumento: historia, horario de visitas, que hai no seu contorno, como chegar,... e ademais conta cun deseño responsive, o que a fai adaptable á visualización a través dos dispositivos móbiles. Ademais da dixitalización, as Torres do Allo reciben o verán cunha ampla oferta de actividades dirixidas a todos os públicos. Dende este domingo, e durante todos os domingos de xullo e agosto, o grupo de teatro Os Quinquilláns ofrecerá unha visita teatralizada polo interior e exterior do pazo a partir das 19:30 horas. Para os máis cativos ponse en marcha por primeira vez "Os secretos ocultos nas Torres"; un xogo de pistas especial que terá lugar os días 15 e 29 de xullo e 12 e 26 de agosto ás 12:30 horas. “Clásica nas Torres” presentará unha serie de concertos de música de violín interpretados por Kamo Petrosian, os días 14 e 21 de xullo e os 19 e 25 de agosto ás 20:30 horas. Novo tamén é o I concurso de fotografía co móbil “Enfoques do Allo”, que ofrece unha bolsa de premios de 100, 75 e 50 euros para as fotos máis fermosas e cuxas bases poden consultarse na páxina web oficial.  O cine tomará as Torres o 22 de xullo coa proxeción da película galega "A Esmorga" ás 22 horas, namentres que e o concerto de Xoán Curiel e Iris Grey o día 27 de agosto ás 20:30 horas pechará o ciclo de actividades de verán. Horario de verán Ata o 15 de setembro, as súas portas do pazo ábrense de luns a venres de 11 a 20 horas, mentras que as fins de semana amplian o seu horario ata as 21 horas. Ademais, ofrécese todos os días un servizo gratuito de visitas guiadas (ás 13 e ás 17 horas). Dende fai un ano, o concello de Zas -a través da concellería de Cultura encabezada por Manuel García Velo - xestiona as visitas e a difusión das Torres do Allo.

Máis información

Novas relacionadas Fonte

Comentarios